martes, 15 de mayo de 2018

As matemáticas no Parlamento


A distribución dos escaños no Parlamento Europeo é unhas das cuestións que máis diverxencias crea ao ser abordada polos eurodiputados e os estados membros.

A comisión de Asuntos Constitucionais reuniu a expertos matemáticos e membros do Parlamento para debatir o tema. Os cambios demográficos, o tamaño e o peso dos países e número de asentos da Eurocámara centraron case todas as intervencións.

 O Parlamento Europeo non pode excederse dos 751 escaños, ainda que a cifra pode ser inferior, e o umbral de un mínimo de 6 asentos por pais e un máximo de 96. A proposta ten que ser duradeira (tendo en conta futuras ampliacións da UE e fenómenos migratorios), transparente e políticamente imparcial. Con tal fin ,o profesor da Universidade de Cambridge, Geofrey Grimmett. presentou unha formula matemática que o resultado deixaría ao Parlamento Europeo da seguinte maneira:

 -16 paises perden escaños

 -5 paises (os máis pequenos) manteñen os mesmos escaños

 -6 paises (os mais grandes e Estonia) reciben escaños extra


Según Grimmet, esta fórmula "debería ser resistente a posibles cambios na arquitectura da Unión Europea nos próximos anos. O uso dunha fórmula matemática , dixo, "eliminaría as negociación políticas.

Aquí vos deixamos este vídeo realizado polos alumnos de 3º ESO A, esperamos que vos guste!!!!!